A Deputación da Coruña apoiará ao Concello de Outes na súa reivindicación da tradición mariñeira e o seu potencial turístico

15 Setembro 2020

A Deputación da Coruña e o Concello de Outes van estreitar a colaboración a prol da promoción turística dos recursos do mar. Por exemplo poñendo en marcha produtos turísticos, reivindicando a construción tradicional de barcos ou cooperando para habilitar rutas de sendeirismo. Así o fixeron saber este martes 15 de setembro o vicepresidente Xosé Regueira e máis o alcalde Manuel González, que visitaron as carpinterías de ribeira da vila do Freixo. Na súa estadía, Regueira reivindicou “a grande potencialidade turística do concello e o interese dos proxectos vinculados ao turismo do mar”. Un dos eixos clave da visita, na que tamén participaron a tenente de alcalde Alba Quintela e a concelleira Beatriz Molinos, foi a carpintería do mar.

O rexedor puxo o foco no importante traballo que se está a desenvolver para rehabilitar un dos últimos estaleiros de ribeira e convertelo en centro de interpretación. Ademais, na xuntanza abordáronse distintas opcións de apoio á nova campaña de promoción turística que, desde este verán, está a promover Outes a través de diversos soportes e produtos co “obxectivo de ofrecer unha oferta sostíbel e de calidade”. Na visita ao Freixo, Regueira recoñeceu “a gran potencialidade” dos recursos turístico-mariñeiros de Outes e asegurou que a Deputación tentará colaborar con eles “na medida das nosas posibilidades”.

Pola súa parte o alcalde, Manuel González, agradeceu a visita que tiña como obxectivo compartir coa Deputación os proxectos da área de turismo do concello, de maneira especial, a devandita campaña de promoción. “Queriamos amosarlle o atractivo turístico que temos e presentar distintos proxectos como a campaña de promoción cunha web dinámica, un vídeo, unha guía e un traballo continuado en redes sociais así como a sinalización de dúas rúas turísticas de sendeirismo, unha que atravesa o Freixo e outra que transcorre por Ponte Nafonso cunha grande riqueza paisaxística e patrimonial”, explicou o alcalde.

No transcurso do encontro, visitaron tamén a lonxa e o estaleiro tradicional que será rehabilitado que é, segundo o alcalde, un “exemplo dun sector no que Outes foi centro neurálxico de toda Galiza con multitude de pequenas carpinterías nos que se fixeron centos de barcos”.

O proxecto, dixo o rexedor, desenvolverase en dúas fases, a primeira contemplará a rehabilitación da carpintería e o proxecto museográfico e a segunda de acondicionamento do entorno, cun orzamento duns 600.000 euros no seu conxunto para o que se conta coa achega de fondos europeos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.