A denuncia dos totalitarismos de O meu mundo non é deste reino, en Rianxo o día 3 de outubro

24 Setembro 2020

O sábado 3 de outubro Rianxo estréase en Rianxo o espectáculo teatral O meu mundo non é deste reino, unha farsa de Manuel María interpretada polos actores Anxo García e Fran Lareu, baixo a dirección e dramaturxia de María Peinado. A peza, concibida pola compañía Teatro da Ramboia, representarase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a partir das 20.30 horas.

Está recomendada a un público maior de 14 anos. A entrada é de balde previa reserva en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 24 de setembro ao 1 de outubro de 9.00 a 13.30 h.

A actuación forma parte do programa Cultura no Camiño + da Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

A obra está baseada en Farsa de Bululú, Premio Abrente en 1973 e unha das máis representativas contribucións do noso teatro á loita anti-franquista. O presente proxecto, que foi vencedor do primeiro certame Manuel María de Proxectos Teatrais que organiza a Casa-Museo Manuel María, é unha versión libre da Farsa de Bululú, que recupera o título orixinal da peza (O meu mundo non é deste reino) e nos guinda unha historia actualizada, moi vixente, sobre unha parella de bululús que viaxa polas feiras coa súa teatro portátil para escenificar unha e outra vez a historia dun gran rei que toma as rendas dun reino, amparado baixo todo tipo de cómplices corruptos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.