A cultura urbana e as actuacións de Sabela, Sés e Coque Malla marcan a axenda boirense

07 Setembro 2020

Coque Malla actuará en Boiro o 13 de setembro

A actividade cultural de Boiro non diminúe este setembro e, de feito, o último mes do verán vén con algunhas das principais citas musicais e deportivas do concello nesta tempada. Por exemplo o Obradoiro de Parkour e Breakdance (que se celebra este venres a partir da 18.00 horas, nas pistas de skate de A Boqueira de A Negral, con inscricións abertas en educacion@boiro.gal, ao abeiro do Festival de Arte Urbana), os Encontros con Sabela (outra actividade do Festival de Arte Urbana, consiste nunha cita coa ex-participante galega de Operación Triunfo o venres 11 a partir das 20.00 horas), ou o concerto de Sés (o sábado 12 ás 21.00 horas, en A Boqueira de Negral, trátase dunha actividade do programa de verán cultural de Boiro e que xa ten, dende hai días, todas as entradas esgotadas).

Un día máis tarde, o músico Coque Malla, ex-compoñente da mítica banda Los Ronaldos, estará en A Boqueira de A Negral a partir das 20.00 horas para ofrecer un concerto. Este vén da man da Pousada da Galiza Imaxinaria e conta coa colaboración do Concello de Boiro. As entradas, de número reducido, están á venda de xeito físico na tenda Baldani de Boiro ou online a través de Ataquilla.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.