“A Asemblea xeral de NAFO aproba pequenas modificacións nas cotas de pesca de España”. Antón Luaces

27 Setembro 2020

A asemblea xeral da Organización de Pesqueiras do Atlántico Noroeste (NAFO) decidiu manter unha certa estabillidade nas posibilidades de pesca das especies de interese para a flota española, segundo informa o Ministerio de Pesca. Nesta asemblea, España estivo representada pola directora general de Pesca Sostenible, Isabel Artime, dentro da delegación da UE, amáis de científicos, técnicos da administración en xestión pesqueira e sector privado estableceron as cotas de pesca para o ano 2021 que, agás no caso do bacallao, se manteñen lixeiramente inferiores ás do ano anterior: 16.498 toneladas fronte ás 16.926 de 2020.

Desa cantidade correspóndenlle a España4.532 toneladas (4.650 no ano 2020), unha variación consecuencia da aplicación da regla de explotación consensuada entre todos os estamentos interesados en 2017. Manteránse tamén as cotas de gallineta (divisións 3M e 3O) de raia, pota, locha branca e camarón. Tampouco hai variación no que atinxe a stocks nos que España no ten cota: gallineta nas divisións 3LN, mendo e limanda.

Respecto á cota de bacallao, xa se estableceu un TAC precautorio de 1.500 toneladas, dos que España vai dispor en 20121 de 376 toneladas. Tamén se apllicarán medidas adicionais (para favorecer a súa recuperación) como a veda estacional para evitar a pesca durante o período de reproducción, uso de reixiñas selectivas para protexer os xuvenís e a obriga de inspección en porto para todos os buques que teñan a bordo esta especie co obxectivo de evitar posibles sobrepescas.

No que atinxe á protección do medio mariño, confirmáronse as zonas pechadas á pesca de fondo para protexer ecosistemas mariños vulnerables, ao tempo que se inclúen os corais negros como especies indicadoras  da súa presencia.

A Unión Europea salientou a necesidade de que todos os estudos realizados por NAFO neste eido se teñan en conta por outros organismos, para evitar as actuais e futuras explotacións de xacementos de gas e petróleo en zonas de NAFO identificadas como particularmente sensibles.

Outros artigos

A xira de Galicia Sabe aMar recala este venres en Outes

Este venres día 20 de setembro, unha das foodtrucks da campaña itinerante Galicia Sabe aMar, impulsada pola Xunta para reivindicar as vantaxes de consumir peixes e mariscos dos nosos barcos (vantaxes gastronómicas, saudábeis, económicas e sustentábeis) estará xunto ao...

+

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

+

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...