A 12ª Volta a Ons pon o broche á tempada estival na ría de Arousa

03 Setembro 2020

Entre os barcos que tratarán de levar o trofeo Atlantic Dental Institute destacan o Corsario, un maxestoso First 50 do C. N. Vilagarcía ou os vencedores na Regata Gadis en Ribeira da pasada fin de semana, o Piko Norte de José Castro, do C. N. Boiro e o Ziralla de Ramón Barreiro, do R. C. N Sanxenxo.
O C. N. Arousa Norte ultima os preparativos dunha das súas regatas máis emblemáticas, que neste 2020 cumpre o seu 12ou edición tras estar en dique seco desde o ano 2011.
Se as previsións meteorolóxicas non fallan, as condicións serán excelentes para a circunnavegación das Illas de Ons e Onza. Con temperaturas altas e un vento do NE de 14- 16 nós.
A regata desenvolverase baixo o estrito cumprimento do protocolo de seguridade da Real Federación Galega de vela contra o Covid-19 para que a vela poida seguir sendo un deporte seguro durante a pandemia.
O secretario do club, Fernando Sánchez Louzao, mostrábase satisfeito pola impagable axuda das empresas patrocinadoras, Atlantic Dental Institute e Clínica Dental Dr. Gonzalo Lopez, “brindando a posibilidade de recuperar un evento que para nós posúe un gran valor histórico e que se desenvolve nunha contorna natural insuperable”.

Imaxen á Volta a Ons en edicións anteriores.

Outros artigos

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.