XVII Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo e a I Bandeira Cortizo Traiñeiras Feminina

Este 13 de agosto, ven de presentarse no salón de plenos do concello a XVII Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo e a I Bandeira Cortizo Traiñeiras Feminina.
O Acto de presentación estivo presidido por Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde de Rianxo, e Ramón Vicente, presidente do club de Remo Rianxo.
Iniciou a presentación Adolfo Muíños incidindo na importancia que o remo ten na vila de Rianxo, así como destacando o apoio que recibe o Club de Remo por parte do Concello. Fixo especial fincapé na Celebración das I Bandeira Cortizo Traiñeiras Feminina e no éxito de que o club rianxeiro saque unha bancada feminina, destacando o apoio de Aluminios Cortizo como patrocinador da proba feminina.
A rolda de prensa continuou tomando a apalabra o presidente do Club de Remo Rianxo, Ramón Vicente, explicando as características técnicas das proba. Esta celebrarase da seguinte maneira:
Celebrarase sobre unha distancia de 5.556 m., (3 millas náuticas) en catro longos e tres ciabogas. Estará composta por tres quendas.
Na categoría masculina as 2 primeiras quendas serán lanzadas, saíndo tres
embarcación e dous minutos despois saen outras tres. A terceira quenda estará composta de catro embarcacións co formato tradicional en liña.
A clasificación final establecese por tempos, gañando a Bandeira a embarcación que acade o mellor tempo, independentemente da quenda.
Con respecto a categoría feminina o formato será lanzado saíndo tres embarcación e dous minutos despois sairán as outras tres.
Debido a emerxencia sanitaria e a imposibilidade de celebrar a regata da Liga B en Castropol (Asturias) a federación Galega tomou a decisión de trasladar a celebración desta regata ao peirao rianxeiro. A regata comezará ás 11:00 h. Cun formato lanzado, tres embarcacións e dous minutos despois saen outras tres embarcacións, gañando a bandeira a embarcación que faga menor tempo.
Programa

 11:00 h. LGT-B: Inicio da regata e saída da primeira quenda.
 11:30 h. LIGA FEMININA: Inicio regata e saída da primeira quenda.
 12:00 h. LGT-A: Inicio regata e saída da primeira quenda.
 13:00 h. Entrega da bandeira ó vendedor. A entrega realizarase no mar e
darase o rematar a proba correspondente.