Unhas 200 persoas arrouparon a Mikel Erentxun na súa cita de Boiro

19 Agosto 2020

Boiro confirmou esta fin de semana, co concerto de Mikel Erentxun do sábado na Boqueira de A Negral, dúas cousas moi relevantes relacionadas co musical: que é unha vila referente en materia de escenarios e creación artística, e, tamén, que as medidas que se están a poñer marcha na nosa comarca para garantir a seguridade ante a COVID nas actividades culturais son a todas luces exemplares. O concerto de Mikel Erentxun, seguido por unhas 200 persoas dende as súas cadeiras debidamente distanciadas, foi un recordatorio disto e, tamén, de até que punto a cultura pode rexurdir ante tanta adversidade. Tocou, entre outros temas, Pidiendo pista, La vereda, Mañana, Veneno, Rozando la eternidad ou Imagino.

Un intre do concerto fotografado por Ramón Rey para Laganzua.net

Xa o dixo Suso Santamaría, xerente do local de concertos boirense A Pousada da Galiza Imaxinaria e organizador do concerto: “A música e a arte en xeral sempre serán un antídoto para calquera pandemia”. Santamaría aproveitou a publicación de diversas crónicas sobre a actuación para agradecer o importante traballo de todas as persoas que axudaron a facer posíbel a actuación e a “cumprir con todos os protocolos”, un traballo no que tamén se implicou de cheo o Concello, dando como resultado un concerto de calidade e enerxía que tivo continuidade musical, en directo e da man de Ortiga.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.