Unha vintena de embarcacións confirmaron a súa participación na XIV Regata Gadis

28 Agosto 2020

O Club Náutico e Deportivo de Ribeira, organizador da XIV Regata Gadis (PDF), confirmou a participación dunha vintena de embarcacións na gran cita veleira do Barbanza, que terá o seu top de saída este sábado ás 14.00 horas dende a contorna do porto da cidade. Segundo informou o Club, o evento deportivo acubillará sen dúbida “un bo nivel de competición”, non só polo prestixio das embarcacións e dos clubs participantes (Club Náutico Arousa Norte, Ro Yachts Club, Club Náutico de Rianxo, Club Náutico de Portonovo, Club Náutico de Boiro e o anfitrión do Deportivo de Ribeira) senón tamén pola axeitada compoñente meteorolóxica, que na súa previsión anuncia vento do nordés estábel de 10 nós, con picos de 15, “garantindo o espectáculo deportivo”.

Segundo informou o comité da Regata Gadis, barállanse até 12 percorridos alternativos, dependendo a súa elección en función do vento e a súa dirección á hora da saída, sendo o elixido finalmente, con toda seguridade, algún dos de trazado costeiro. A media roldará as 12 millas, un 22 quilómetros.

Os vencedores da edición de 2019 confirmaron a súa participación como o Chispetrén, de Jesús Iglesias, do Club Náutico de Rianxo na Clase Regata; o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico de Boiro, en Cruceiro/Regata; ou o Somni, de Helmut Bande, do Club Náutico Deportivo de Ribeira, en Cruceiro. A entrega de premios celebrarase tras finalizar a proba deportiva, asistindo á mesma representantes do Club Náutico anfitrión, do Concello de Ribeira, da empresa patrocinadora (Gadis) e un membro do equipo de regatas de cada embarcación, seguindo as estritas normas de seguridade ante o COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.