Un bulo de WhatsApp pon en alerta a todo O Barbanza por un falso contaxio masivo da Covid-19

16 Agosto 2020

Unha información falsa difundida polo servizo de mensaxería e alimentada polas redes sociais indicaba que se detectou un brote de coronavirus durante a celebración dun bautizo nun coñecido restaurante de Boiro. A dirección do local desmintiu de forma rotunda estes rumores, que tamén sinalaban que o evento tiña como protagonistas a unha coñecida cantante e actriz galega da Tvg.
Desde o local desmenten que no evento se reunísen 150 persoas e que se detectase un brote de coronavirus no local. Ao evento asistiron ao redor dunha trintena de invitados e, aínda que unha persoa que estivo recentemente en contacto coa actriz si deu positivo nas probas do coronavirus días despois e que se atopa asintomático, en ningún caso se trata dun brote nin se deron novos contagios.

Outros artigos

A ABE realiza o sorteo da Campaña de San Valentín

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou na mañá deste venres 13 de febreiro o sorteo dos premios da campaña de San Valentín entre os 1.207 rexistros de compras recibidos a través da web da entidade, co obxectivo de premiar ás persoas que apostan polo comercio...

+

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.