Sete ofertas para as obras de mellora do edificio UAD de Ribeira

05 Agosto 2020

Rematado o prazo de presentación de ofertas e reunida mesa de contratación para a apertura do sobre A, o Concello de Ribeira informa de que foron un total de sete as propostas presentadas para a realización das obras de acondicionamento funcional e mellora da envolvente exterior do
edificio da UAD.
A actuación en cuestión conta cun orzamento de licitación de 420.000
euros, IVE incluído, e está subvencionada mediante convenio de
colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ribeira para o acceso ao fondo de cooperación para o apoio e financiamento de actuacións e rehabilitación e conservación de patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Edifico actual da UAD Ribeira


A edificación existente ten unha antigüidade de corenta anos (1978-1980) e aínda que o seu estado de conservación é aceptable, precisa dunha posta a punto no referente á envolvente térmica.
Segundo o proxecto técnico redactado polo arquitecto municipal, a obra consta das seguintes accións:
 Cuberta: substitución por outra con tella cerámica ademais de illamento térmico baixo a cuberta.
 Fachada: reparación de patoloxías nos balcóns e aleiros existentes, a base dun tratamento e de reparación de gretas; así como o revestimento exterior cun sistema SATE en toda a fachada para a mellora das condicións térmicas do edificio.
 Carpintería exterior: substitución por unha nova carpintería de aluminio.
 Implantación dun ascensor panorámico e reforma e ampliación do hall de entrada.
O prazo de execución é de catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...