Suben os casos activos en Galicia chegamos a 444. En Santiago- O Barbanza son xa 35, cinco máis que onte cun hospitalizado

07 Agosto 2020

A área sanitaria de Santiago e Barbanza rexistra o primeiro hospitalizado por covid desde o 28 de xullo Os contaxios da covid-19 seguen crecendo en toda aGalicia e a área sanitaria de Santiago e Barbanza non é unha excepción. Nas últimas horas rexistrouse o repunte máis elevado no número de casos activos das últimas semanas ao detectarse sete novos afectados e tamén se produciu o primeiro ingreso hospitalario dun enfermo de coronavirus desde finais do mes de xullo.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 444, 32 mais que onte. Deles 177 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 34 da de Ourense, 43 da de Pontevedra, 78 da área de Vigo, 35 da de Santiago– O Barbanza, e 5 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 21 en unidades de hospitalización e 421 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.381 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 260.785.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.