Ribeira amplia as clases de balde de bautismo de mar da escola municipal de vela

28 Agosto 2020

O Concello de Ribeira informa da ampliación dos bautismos de mar organizados no marco da Escola Municipal de Vela durante os días 7, 8, 9 e 10 de setembro.
Ofértanse 40 novas prazas cun límite de 10 alumnos por día en horario de 11 a 14 horas e co seguinte calendario:
11:00-11:45 Recepción de alumnos no Club Náutico de Ribeira e clase teórica
11:45-12:15 Montaxe de barcos 
12:15-13:30 Navegación
13:30-14:00 Recollida de material 
14:00 Saída
Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a persoas nadas entre 2012 e 2008 (imprescindible saber nadar). Inclúe clases, material e seguros de responsabilidade civil e de actividade.
As persoas interesadas poden anotarse no Complexo Deportivo da Fieiteira ou enviando un email a deportes@ribeira.gal.

Cusros de vela

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.