Paralizada a licitación do Auditorio de Ribeira o detectarse que o prezo dos materiais está mal calculado

15 Agosto 2020

A construción do novo Auditorio de Ribeira está a ter problemas na súa adxudicación o detectarse que o custo dos materiais calculado polo estudo que redactou o proxecto construtivo non se axusta, ao parecer, ao valor de mercado. Como concecuencia do erro o orzamento é inferior ao prezo real da obra.

O feito de que ao concurso so se presentase unha empresa levantou as sospeitas por parte do equipo municipal de que existía un problema, xa que pola coantía da obra 3,6 millóns, soen presentarse numerosos constructores. O diñeiro, segundo o concello, non chega para facer o que figura no proxecto dos arquitectos xa que so o tipo de formigón e aceiro propostos necesitan uns catro millones de euros.

A única empresa que presentou oferta, ademais de non realizar ningunha baixa, advertiu de que con ese diñeiro dificilmente ía poder acometerse a infraestrutura proxectada, o que faría que o trámite de adxudicación fose suspendido e en consecuencia o concurso quedaría deserto e sería necesaria a realización doutro.

Financiada en parte con fondos europeos do “Máis Ribeira Atlántica”, a construción do Auditorio comezou a proxectarse a principios do pasado ano, momento en que o Concello convocou un concurso de ideas para o deseño da edificación. Nas bases figuraba que o importe para gastar era de 2,5 millóns. Diversos profesionais presentaron as súas ideas e un xurado elixiu tres finalistas. Un estudio de Palma de Mallorca foi cunha proposta denominada Choiva, pedra e cristal, o vencedor. O redactar o proxecto construtivo detectaronse carencias que obrigaron a incrementar ata os 3,6 millóns o orzamento inicialmente previsto.

Si ben inicialmente o equipo do alcalde, Manuel Ruíz conseguiu maís fondos da Xunta para chegar o novo presuposto agora necesitase outro medio millón de euros, a falta dunha estimación oficial por parte dos técnicos.

Lembrar que a construción do auditorio está financiada con fondos europeos, que dou 2,5 millóns de euros o que esixe que os proxectos presentados deban estar concluídos no 2022 . O tempo bótase enriba e o concello ten que apurar os prazos ou corre o risco de perder a subvención.

O Auditorio levantarase na praza do Centenario, nunha parcela que o Concello recompró ao Instituto Nacional da Seguridade Social tras un longo proceso de xestións.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.