Aberto o prazo de ofertas para a construcción do novo Auditorio Municipal de Ribeira

06 Xuño 2020

O Concello de Ribeira informa da apertura do período de presentación de ofertas para a construción do novo Auditorio Municipal de Ribeira. As empresas dispoñen ata o próximo 1 de xullo á medianoite para formular as súas propostas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).
Deseñada polo equipo e arquitectos formado por Bernat Pons Vidal, Anna
Gorrochategui Matas e Antoni Pons Cañellas (que gañaron o concurso de
ideas convocado ao efecto co anteproxecto titulado “Choiva, pedra e cristal”),
esta intervención conforma a actuación máis importante do proxecto ‘Máis
Riveira Atlántica 2020’, que está financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo
Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese ao obxectivo temático 9 do POCS 2014-2020 “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social” e execútase na liña de actuación 16 da EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020 denominada “infraestruturas públicas culturais e sociais”.
A actuación, que se materializará xunto á praza do Centenario nun espazo de 1.372 metros cadrados, conta cun orzamento de licitación de 3.649.252,30
euros e persegue converterse nun dos auditorios de gran formato de Galicia
ademais dun inmoble singular dentro do entramado urbanístico e Ribeira.
A tal efecto, a infraestrutura ofrecerá catro ámbitos de actuación escénica: a
sala principal, a sala polivalente, a aula de ensaios e o vestíbulo. Está
composta de dúas plantas sobre rasante, unha planta semisoto e un soto:
 Vestíbulo: concíbese como un espazo bifuncional, de transición e
repouso. A súa organización interna sinxela facilitará a comprensión dos
accesos á sala principal, á sala polivalente e á aula de ensaio. A
inclusión dunha escalinata/gradería converterá a este hall nun espazo
máis de representación escenográfica, ofrecendo a posibilidade de
organizar eventos non convencionais.
 Sala principal: cun deseño singular, conta con accesos a dous niveis cun
total de catro portas (dúas a nivel de planta semisoto e dúas a pé de rúa
na planta baixa). Todos os accesos están dotados de dobre porta para asegurar a correcta insonorización. O anfiteatro conta cunha pendente
continua onde se sitúan as butacas de maneira lineal, paralelas ao
escenario, o que garante a máxima visibilidade de todos os espectadores dende todos os puntos. O seu aforo son 464 persoas.
 Sala polivalente: situada na planta primeira, é un corpo elevado por
piares sobre o espazo de porche de entrada. O acceso do público
efectuarase desde o vestíbulo principal a través de dous núcleos de
escaleiras. É un espazo polifuncional cun aforo de 120 butacas.
 Aula de ensaios: ubícase na planta semisoto e accédese dende o
vestíbulo principal. A súa distribución permitirá ser subdividido en dúas
salas de ensaio de menor cabida. As súas dimensións posibilitarán o ensaio de espectáculos de danza, música e teatro.
Entre os elementos a destacar figura o seu escenario de 171 metros cadrados que permitirá acoller comodamente espectáculos de medio e grande formato.
Terá dos camerinos múltiples, dous individuais e un camerino de cambios
rápidos ou de descanso (green room). Outros espazos e prestacións son unha oficina de xestión e arquivo, unha zona de carga e descarga, almacéns, cabina de control de iluminación, audio e vídeo, etc.
Integración co entorno Coa fin de favorecer a integración do edificio co entorno do Centenario, unha área adoquinada baixo o porche situado na zona leste do edificio estenderase ata a praza permitindo a permeabilidade entre a zona verde municipal e o inmoble. A tal efecto disporase unha lámina de auga que actuará como elemento de conexión. O borde oeste rematará coa apertura dun novo vial que dará continuidade á rúa Barbanza ata a avenida da Constitución. En canto ao borde norte, nel disporase a zona de peirao da caixa escénica.
O contrato adxudicarase mediante procedemento aberto con pluralidade de
criterios de valoración, tales como o programa de traballo, a descrición do
sistema intelixente de control e telexestión, o plan de control de calidade, a
actuación medioambiental, o plan de seguridade e saúde, a oferta económica,etc. O prazo de execución son 18 meses.

Novo Auditorio de Ribeira

Outros artigos

A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira o 26 de abril

Este 16 de abril celebrouse en Ribeira a presentación da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se vai a celebrar o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo da Fieiteira; á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, o segundo tenente de...

+

Accidente sen feridos en Vixán, concello de Ribeira

Os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira acudiron na pasada noite a realizar unha limpeza de estrada por un accidente de tráfico, en Vixan, na parroquia de Carreira do concello de Ribeira. O vehículo saírase da vía, sen ningún outro implicado e sen que ningunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...