Os xogadores da Selección de Ribeira de fútbol recibiron medallas logo de gañar o Torneo virtual do Pirineo CUP

29 Agosto 2020

Os 24 xogadores integrantes da Selección de Ribeira nas súas categorías alevín e benxamín que ían disputar en Cataluña o torneo internacional
Pirineos Cup recibiron esta mañá cadansúas medallas logo de que, a raíz do covid, trocouse esta competición por un campionato virtual a través de Instagram no que os ribeirenses resultaron os gañadores por ser os que máis apoios recibiron entre os 128 equipos participantes.

Nun acto marcado polos protocolos covid, o alcalde Manuel Ruiz e a
concelleira de Deportes Juana Brión foron as persoas designadas para facer entrega destas enseñas así como duns diplomas conmemorativos a uns xogadores que luciron a equipación que tiñan previsto vestir no torneo. Xunto aos representantes municipais, o adestrador Jorge Davila, quen destacou que para alcanzar a vitoria tiveron que superar a elencos con moitísima máis masa social como o Paris Saint Germain.

Os futbolistas galardoados en categoría benxamín foron: Noel Alján,
Gonzalo Besada, Iker Deán, Alejandro Dios, Xabi Dios, Iago Fernández, Marco González, Enrique Gude, Leo Lustres, Valentino Picane, Manuel Sánchez e Álvaro Vidal.
En categoría alevín: Brais Baldomero, Genaro Cadaval, Yago Domínguez, Martín Fernández, Marco Freire, Daniel Fustes, Raúl Gude, Christian Martínez, Telmo Reino, Anxo Rivas, Xavi Rodríguez e Ibrahim Sobre.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.