O Goberno e a Xunta cubrirán con ortofotografías dixitais de alta resolución a nosa xeografía

25 Agosto 2020

Galicia vai ser novamente fotografada ao detalle dende aire, co máximo detalle, co fin de avanzar no coñecemento do territorio e da súa xestión. Así o veñen de confirmar o Goberno (Ministerio de Transportes, MITMA) e a Xunta, que asinarán un convenio conxunto para “coordinar accións a prol de obter coberturas de voo fotogramétrico dixital e ortoimaxes dixitais en cor, na Comunidade galega”. O acordo, que foi autorizado no Consello de Ministros deste martes 25, dará continuidade ao desenvolvemento do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) para a obtención de coberturas de voo fotogramétrico e LiDAR (sistema específico de toma de datos para a obtención de modelos dixitais do terreo) noso territorio.

O citado convenio levarase a cabo entre o Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG), adscrito ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a través do Instituto Geográfico Nacional (IGN), e o Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, da Xunta de Galicia.

O seu prazo de duración estenderase até o 31 de decembro de 2021, con posibilidade de prórrogas até catro anos máis, e suporá a desenvolvemento de traballos por un total estimado de 1.141.929,28 de euros, dos que o CNIG achegará traballos por un valor de 941.404,08 euros.

O PNOA

O Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) é un proxecto do Consello Superior Xeográfico coordinado polo IGN (que forma parte do Plan Nacional de Observación do Territorio), destinado a constituír e actualizar periodicamente a cobertura de España con ortofotografías aéreas (imaxes dixitais con propiedades métricas) de alta resolución e cun modelo dixital do terreo de alta precisión e resolución, de forma conxunta e coordinada pola Administración General del Estado (AGE) e as Administracións autonómicas, para, en palabras do Goberno central, “múltiples propósitos”.

Como resultado deste convenio obterase unha cobertura de fotografías aéreas con resolución mellorada a un tamaño medio de pixel de 18cm e xeraranse ortofotografías aéreas de 15 cm/pixel de resolución.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.