O filme galego O que arde abre este venres as Noites de Cine en Lousame

07 Agosto 2020

O campo da festa de San Roquiño, en Lousame, acollerá este venres 7 de agosto, ás 22:00 horas, a primeira das dúas Noites de Cine organizadas polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña. A película elixida é O que arde, dirixida por Óliver Laxe e que, segundo explican os organizadores do ciclo, “aborda unha problemática ben coñecida no municipio: a desaparición do medio rural a causa dos lumes forestais”. Trátase do filme máis visto na historia do noso audiovisual, cun reparto formado por actores non profesionais e protagonizado por Amador Arias e Benedicta Sánchez, premio Goya á mellor actriz revelación.

Para o venres 28 de setembro, tamén ás 21:30 horas, é a quenda doutro filme de ampla presenza galega, tanto nos actores como no argumento como nos escenarios elixidos: Quien a hierro mata de Paco Plaza. A película, protagonizada por Luis Tosar, Xan Cejudo e Ismael Martínez, poderá verse na praza do Concello (Portobravo). En ambos casos, en caso de choiva, a proxección tería lugar no auditorio da Casa da Cultura Santeiros de Chave.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

Lalín ten o premio de Gastronomía máis prestixioso de España, que leva o nome de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), escritor, xornalista e gastrónomo mindoniense. O realismo dunha terra de paisaxes que semellan un tapiz multicolor, onde a xeografía se admira sobre un lenzo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.