O Concello de Boiro e o CD Boiro asinan un convenio para a cesión dun desfibrilador

07 Agosto 2020
Sinatura de convenio

O Concello de Boiro e Club Deportivo Boiro asinan un convenio para a
cesión dun desfibrilador para o seu uso por parte da entidade. O alcalde, José Ramón Romero, e o conselleiro económico do CD Boiro, Marcos martínez, asinaron esta mañá, na Casa Consistorial de Boiro, o convenio de cesión dun desfibrilador para o seu uso polo Concello de Boiro naqueles casos nos que se considere necesario. Na sinatura do convenio estiveron tamén presentes o concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, e un dos directivos do CD Boiro, José Martín García.
O obxectivo do Concello de Boiro é equipar deste sistema ao maior número de instalacións e tamén da formación esixida para o seu correcto uso polas persoas con acceso aos mesmos. A administración local dispón, con este, de catro desfibriladores. O Concello de Boiro ten interese de dispoñer do maior número de equipos como sexa posible, polo que irá adquirindo máis de xeito progresivo.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.