O BNG de Ribeira recrimina a privatización da xestión da escola infantil

02 Agosto 2020
Escola Infantil de Ribeira

O BNG ribeirense amosou nunha nota o seu malestar ante a decisión do goberno do Concello de Ribeira de sacar a licitación a xestión da Escola Infantil Municipal para o curso 2020-2021, que pode chegar até o 2024 coas sucesivas prórrogas.

O concelleiro Luís Pérez Barral, explica que a formación nacionalista “tivo que enterarse pola prensa do que supón unha privatización da xestión até 2024”.

Pérez Barral recrimina que o goberno local non comunicase nin lle dese participación, nesta importante decisión, aos grupos da Corporación Municipal. O edil detalla que “sen dúbida, desde o BNG teriamos optado por ter unha xestión directa”.
Os nacionalistas detallan que a xestión directa redundaría nun aforro para as arcas públicas e lembran que con esta decisión unilateral e escurantista o Concello de Ribeira licita por 397.716,16 euros o contrato de xestión deste servizo público.

Pérez Barral anunciou que a Asemblea Local da organización analizará a situación e os pasos a seguir após coñecer isto.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.