O BNG de Ribeira demanda maior mantemento dos equipamentos públicos e a restauración do barco de Xarás

11 Agosto 2020

O BNG ribeirense presentou unha iniciativa na que demanda que o Concello de Ribeira elabore un plan para restaurar o barco situado na rotonda de Xarás. A restauración da embarcación serviría para deter o seu deterioro e mellorar o aspecto deste elemento que dá a benvida ao municipio.

Segundo o voceiro do Bloque, Xosé Vázquez Cobas, esta é unha mostra máis do desleixo do goberno local no coidado do patrimonio cultural e histórico que ten Ribeira. Vázquez Cobas asegura que este desleixo esténdese ao mobiliario urbano, parques infantís e áreas de lecer que presentan un estado de conservación insuficiente.

O BNG de Ribeira demanda maior mantemento dos equipamentos públicos

Desde o BNG aseguran ter queixas da veciñanza pola situación na que se atopan os equipamentos públicos cuxo estado de conservación é deficiente.
Cobas lembrou que a primeira medida que o Bloque presentou neste mandato e aprobada co voto a favor de toda a Corporación Municipal, foi un plan de mantemento de equipamentos públicos que polo momento o goberno do señor Ruiz foi incapaz de poñer en marcha.

Con respecto ao barco de Xarás, Cobas asegurou que “lle debería caer a cara de vergonza ao goberno por ter os bens públicos nese estado lamentábel sobre todo cando se atopan á vista de todas as persoas que chegan no verán”. O voceiro nacionalista contrapuxo esa actitude coa que ten a Confraría de Aguiño á que fixo unha mención especial, “agradézolle ao patrón maior e aos integrantes da confriaría a disposición mostrada para colaborar na restauración do barco”.

Para o BNG non é razoábel o mal estado no que se atopan os espazos e bens públicos e esixirán novamente que se poña en marcha o plan de mantemento anual proposto polo Bloque.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.