Na Pobra continúan as xuntanzas co empresariado para abordar a ampliación do polígono da Tomada

14 Agosto 2020

O proxecto para a segunda ampliación do parque empresarial da Tomada atópase en fase de estudo por parte do Concello da Pobra do Caramiñal para, posteriormente, remitir os datos que obteñan a Suelo Empresarial del Atlántico (SEA). A xerente da entidade solicitou unha sondaxe das necesidade de ampliación das empresas do municipio. Por este motivo iniciouse unha rolda de contactos con representantes das empresas do polígono e da localidade co obxectivo de coñecer as súas necesidades de ampliación e propostas. De feito, xa se produciron xuntanzas con Mobalco, Actemsa, Salica, Transportes Atlas, Mapir, Congalsa, Grupo Roig, DS Smith, Luis Escurís Batalla, Talleres Fontao, Granitos Obradoiro, Autocares Barbantia e Alicrusa.

Na Pobra o alcalde continúa coas xuntanzas co empresariado para abordar a ampliación do polígono da Tomada

Nas xuntanzas tamén se están a tratar as demandas de mellora no actual polígono, tales coma a conexión a Internet, o incremento das prazas de estacionamento, a recollida de lixo e o mantemento de viais, zonas verdes e beirarrúas.
A técnica de Medio Ambiente, Beatriz González, participa tamén nas reunións co obxectivo de valorar conxuntamente as analíticas ás que son sometidas as diferentes empresas para controlar os seus vertidos, tanto á rede de saneamento coma á rede de pluviais.
No día de onte, xoves 13, efectuouse a visita á empresa Pescasana, dedicada ao sector alimentario, na que o mandatario local tivo un encontro co xerente da referida sociedade, Víctor Domínguez. Este último afirmou que están interesados na ampliación do parque empresarial, pois sinalou que detectan unha saturación nas súas instalacións.
Pola súa parte, a técnica de Medio Ambiente indicou a Pescasana que o seu procedemento de obtención do permiso de vertido está pendente dunha nova valoración do proceso produtivo, e que, logo de tódalas actuacións requiridas polo Concello e realizadas pola empresa, a intención é que conte co permiso en regla a comezos do 2021.

Na Pobra continúan as xuntanzas co empresariado para abordar a ampliación do polígono da Tomada

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...