Galicia chega a 2.798 casos activos por Covid-19. Estanse a facer probas en Pobra a 200 persoas tralos 3 positivos nunha fábrica

Profesionais de enfermería acuden este mércores a unha empresa da Pobra do Caramiñal para facer probas a todo o cadro de persoal, máis de 200 persoas, tras a aparición de tres casos positivos.

Os datos facilitados polo Sergas na área de Santiago- Barbanza dan este mércores, 26 de agosto, 382 casos activos. Seis hospitalizados (5 no Hospital Clínico de Santiago + 1 La Rosaleda). Pacientes curados: 1.874 e PCR realizadas: 47.699.

No resto de Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.798 deles 1.275 son da área da Coruña, 441 da de Lugo, 243 da de Ourense, 165 da de Pontevedra, 177 da área de Vigo, 382 da de Santiago, e 115 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 84 en unidades de hospitalización e 2.701 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.086 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 312.766.