“Fortes baixadas na produción mundial de fariña e aceites de peixe”. Por Antón Luaces

06 Agosto 2020

Tres eran as fábricas de fariña e aceite de peixe que, aló polos anos 50 do século pasado, traballaban en Galicia. A máís importante de todas elas foi -e segue a ser- a de CONRESA (Conserveiros Reunidos, S.A.) redicada en Fontán (Riveira), coñecida popularmente como “a fábrica do cheiro” dado o cheirume que despedían as instalacións da factoría e que, un función da procedencia do vento, “invadía” a práctica totalidade da cidade dese cheiro insoportable. A segunda fábrica era -e segue a ser- a de Harinas y Sémolas del Noroeste, con sede en O Porriño (Pontevedra). E a terceira, pero con moita menor produción, foi a que en Cariño (A Coruña) tivo a conserveira de Teodoro Fanego. Esta factoría realizaba os verquidos a un pequeno río -o Sagrón- tamén  coñecido como “o río cheirón” por cuestións obvias. Eran, aqueles, tempos de moita sardiña, xurelo, etc., cuxa venda ás fábricas de fariña e aceite compensaba mínimamente a caída de prezos nas lonxas. Antes de guindar ó mar as copadas de peixe, era preferible xuntar unhas pesetas para, cando menos, reducir o coste do combustible dos barcos.

>Touro Ribeira anos cincuenta. Arquivo joferpa. riveira.eu

Hoxendía, a produción mundial de fariña de peixe baixou nun 7,5% en relación ó mes de xuño do ano pasado. O IFFO (Uorgabnización de comercio internacional que representa e promove a industria de ingredientes mariños como a fariña e o aceite de peixe e outras industrias relacionadas) informa que en xuño de 2020 tam´ñen diminuiu un 7,5% interanual a produción acumulada de aceite de peixe e caídas moi significativas na produción de países como Perú, India, Islandia e Estados Unidos. Durante 2019, os produtores da salmón chileno baixaron o seu consumo de fariña de peixe como ingrediente para o alimentos da piscicultura e, ao mesmo tempo, aumentaron a utilización de aceite de peixe.
China é, por moito, o principal mercado de ingredientes marinos. Dempois dos episodios que vinculaban os produtos do mar imputados coa COVID-19 , as autoridades chinesas  melloraron as inspeccións dos produtos acuáticos importados e nacionales , contribuíndo ós plans da industria de recuperar a confianza dos consumidores. 
(Os ingredientes mariños son produtos nutritivos utilizados principalmente para a alimentación acuícola, a alimentación de animais terrestres, así como para o consumo humano e se derivan de organismos mariños como peixes, krill, marisco e algas).

Outros artigos

Afundación presentou “Castelao grafista (facsímile)” en Rianxo

Afundación, a Obra Social de Abanca, veu homenaxeando desde o ano 2020 o insigne intelectual e político rianxeiro coa mostra Castelao grafista (facsímile), conformada por fondos procedentes das coleccións Abanca e Afundación, producida pola Fundación Torrente...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.