Este venres clausúrase en Ribeira a mostra de gravados de Manuel Ayaso cun recital poético

25 Agosto 2020

A mostra de gravados Reflexos da Costa da Morte, do artista aguiñense Manuel Ayaso, clausúrase este venres 28 cun recital poético. A cita será no Centro Lustres Rivas, a partir das 20.30 horas. O peche da exposición, que abriu as súas portas a finais de xuño, contará coas intervencións poéticas de Eva Veiga, Antonio Piñeiro, Carlos Pereira e Patricia Torrado, ademais do propio Manuel Ayaso e de representantes do Concello, do Museo do Gravado de Artes e a Asociación Barbantia.

O evento incluirá así mesmo unha visita guiada polo artista e a clausura oficial da exposición. Para participar na actividade, que será sometida aos protocolos COVID para este tipo de actos, cómpre formalizar a inscrición a través do enderezo electrónico pastor@barbantia.es. Será obrigatorio o uso de máscara de protección.

A mostra

A colección que se clausura este venres está constituída por 70 gravados a punta seca creados por Manuel Ayaso e imprimidos por Rosana Calvo e Costa Beiro no obradoiro do Museo do Gravado de Artes. A mostra foi inaugurada o pasado mes de xullo cunha emotiva homenaxe ao artista de Aguiño, un dos máis senlleiros representantes da nosa comarca no panorama artístico nacional e internacional, onde destaca non só pola calidade e orixinalidade da súa obra senón tamén polo longo percorrido no tempo da mesma (Manuel Ayaso naceu en 1934 e leva en activo dende moi novo, xa antes de iniciar os seus estudios artísticos en 1955 como bolseiro da Newark School of Fine and Industrial Arts, en Estados Unidos, ao onde tivo que emigrar coa súa familia).

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.