Este luns crease a Asociación de Concellos do Camiño na Ría de Muros-Noia

02 Agosto 2020

Santiago de Compostela acollerá este luns, día 3 de agosto, a firma para a constitución oficial da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, integrada polos 9 municipios polos que discorre este camiño: Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago de Compostela.

O obxectivo principal do que nace esta entidade, segundo adiantaron é o “desenvolvemento, defensa e promoción deste itinerario xacobeo”, para o que propoñen un proxecto “aberto e integrador”. Por iso, a asociación contempla a opción de integrar en calidade de asesores ou integrantes de mesas sectoriais a entidades de carácter público ou privado como ‘membros amigos’, sempre que teñan entre os seus obxectivos o desenvolvemento, defensa e promoción do Camiño da Ría de Muros Noia. O acto de constitución oficial servirá, ademais, para aprobar os seus estatutos de funcionamento, orzamento e programa de accións para este ano, ademais de designar a xunta directiva da asociación e os seus representantes oficiais.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.