Esta finde celébrase a oitava edición da Regata Hotel Galatea en Boiro

19 Agosto 2020

Boiro acolleu este mércores 19 a presentación da 24 edición (oitava en Boiro) da Regata Hotel Galatea, na que colabora o Concello. A experiencia deportiva, que se desenvolve esta fin de semana (coas embarcacións chegando a Cabo de Cruz dende Portonovo, o sábado, e partindo cara a outra beira da ría ao día seguinte), foi dada a coñecer nos seus detalles polo concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o presidente do Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz, Manuel Fajardo, e o presidente do Náutico de Portonovo, Javier Ruíz de Cortázar. Segundo fixeron saber, van participar arredor de 15 embarcacións, que compiten en 4 clases distintas.

Como dixemos, a proba abrangue dous treitos, o primeiro deles saindo o sábado de Portonovo arredor das 14.00 horas para chegar a Cabo de Cruz sobre as sete da tarde. As persoas participantes van facer noite en Boiro e a saída de novo cara Portonovo será o domingo a media mañá.

Marcos Fajardo expresou a súa satisfacción polo feito de implicarse dous clubs náuticos na organización da proba, amais do Concello: “Para o Goberno local é un orgullo poder colaborar un ano mais coa organización desta proba tan singular e bonita”. Pola súa banda, Manuel Fajardo explicou que se trata “dunha regata profesional pero que non perde a esencia da irmandade entre entidades xa que é unha proba moi familiar na que participan familias”.

Na presentación tamén se fixo saber que as consecuencias da COVID tamén se fixeron notar na preparación da experiencia, xa que, debido á situación actual, adiantouse a data da regata para que non coincidira coa ACT (e así evitar aglomeracións en Cabo de Cruz) e limitouse o número de embarcacións participantes. Porén, non se quixo cancelar pola súa relevancia: “É importante seguir xerando actividade económica, turística e tamén deportiva”, afirmou o presidente do Club Náutico de Portonovo, Javier Ruíz de Cortázar.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.