En setembro e outubro volven os contacontos a Porto do Son e Portosín

26 Agosto 2020

A vida cultural prosegue en Porto do Son no remate do verán e coa chegada do outono. O Concello de Porto Son informou esta semana de que o vindeiro mes regresan ao termo municipal os #ContaContos de Ler Conta Moito, en setembro na Axencia de Lectura de Portosín e en outubro na Biblioteca Municipal Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son.

Haberá, como é de agardar, medidas estritas anti-COVID. Por exemplo aforamento limitado e obrigatoriedade de levar máscaras de protección.

As citas de setembro (as de Portosín) veñen da man de Babaluva (obradoiro ilustrado de papel, o día 11 ás 11.00 horas), de Carmen Domech (Contacontos de Libros Contentos, o día 17 ás 11.00 horas) e de Cris de Caldas (Contos en Lila, o día 25 ás 11).

As citas de outubro, as de Porto do Son, comezan o día 3 ás 11.00 da man de Antía Yáñez (Rescate na biblioteca) e seguirán con A galiña dos ovos de conto (da man de Pedras, artesanía e patrimonio), o día 10 ás 11.00 horas e con A verdadeira historia de Hamelín (Moc Moc), o día 17 ás 11.00 horas.

Para máis información en Portosín, chamar ao teléfono 981 767 332.

Para máis datos no programa de Porto do Son, chamar ao 981 854 088.

Máis detalles no Facebook de Cultura de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.