En Ribeira versos para Ayaso na clausura da súa exposición

29 Agosto 2020

Os versos declamados por Eva Veiga, Antonio Piñeiro, Patricia Torrado e Carlos Pereira serviron de caloroso homenaxe a Manuel Ayaso na clausura da exposición de gravados que baixo o título “Reflexos da Costa da Morte” estivo a acoller na noite pasada o Centro Cultural Lustres Rivas.

Cun aforo completo (medio centenar de persoas dadas as limitacións covid), os aplausos sucedéronse con cada intervención nunhaactividade que xurdiu a iniciativa de Eva Veiga, quen, durante as súas palabras introdutorias —antes fixo a presentación do evento a concelleira de Cultura María Sampedro— cualificou ao pintor de Aguiño, a quen coñeceu en 1994, como un dos surrealistas máis grandes que ten dado a pintura.


“Estamos aquí para dicirche que te queremos e queremos dicircho con poemas”, manifestou a escritora antes de recitar o poema que escolleu. A continuación tomaron a palabra Antonio Piñeiro (con catro composicións), Patricia Torrado (cuxas poesías creou ela mesma inspirándose en Ayaso) e Carlos Pereira Martínez (con varias pezas, entre elas un Soneto Humorístico para Manuel Ayaso da súa factura).

Recordou o alcalde Manuel Ruiz que quedan dous retos pendentes para ensalzar a figura e o legado do artista: a creación dunha sala permanente na que exhibir a súa obra e a concesión ben dunha medalla de Galicia ou ben dunha medalla Castelao, algo que se leva anos intentando.

Antes de que o propio homenaxeado procedera a realizar en dous quendas unha visita guiada pola mostra, compartiu cos asistentes (entre o público, peosoeiros como Andrés Torres Queiruga, Ciprián Rivas, Daniel Bravo ou Quico Cadaval) unha intervención na que repasou a súa vida e contou numerosas anécdotas, algunhas relacionadas con Salvador Dalí cando lle animou a inspirarse en Galicia á hora de plasmar as súas creacións.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.