En Ribeira un xulgado obriga a readmitir a un traballador despedido por presentarse a eleccións sindicais pola CIG

11 Agosto 2020

O Xulgado do Social número catro de Santiago declarou nulo o despedimento dun traballador dun concesionario de Caeiro SA en Ribeira por ser candidato da CIG nunhas eleccións sindicais, polo que obriga á súa readmisión.

Según figura no fallo, con data do 29 de xullo de 2020, a empresa terá tamén que abonarlle os salarios de tramitación e recoñecerlle a súa condición de delegado sindical. Contra esta sentenza cabe presentar recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O traballador foi despedido o 19 de decembro de 2019 por unha “falta laboral”, xusto un día despois de presentarse pola CIG ás eleccións sindicais a celebrar en xaneiro de 2020.

O xuíz declara probado que a empresa “indagou” a través dunha comunicación con outro empregado sobre o ocorrido na asemblea do 18 de decembro para a presentación de candidaturas. Ademais, conclúe que queda acreditado que “non existe causa que xustifique o despedimento do traballador”. A Sala falla que “o despedimento constitúe unha represalia da empresa ao traballador por ser candidato no proceso electoral e, posteriormente, saír electo como representante legal dos traballadores”.

O cadro de persoal elixiu a este traballador como o seu representante nas eleccións sindicais de xaneiro. Este resultado foi impugnado pola empresa, pero un laudo arbitral confirmou a validez do proceso. Segundo a CIG esta “non é a primeira vez que a empresa recorre a presións ou represalias para impedir que saian elixidos os representantes da CIG, a favor de UXT”

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.