En Rianxo o consello de “SEA” autoriza a instalación dunha nova empresa no polígono industrial

08 Agosto 2020

A entidade Suelo Empresarial del Atlántico, participada polo Ministerio de Transportes nun 83% e pola Xunta nun 14%, ven de celebrar o seu último Consello de Administración, no que se aprobaron dúas importantes operacións comerciais, nos polígonos de Rianxo (A Coruña) e Rábade (Lugo), así como distintas medidas encamiñadas a impulsar os seus polígonos industriais de Vilanova de Arousa, Catoira e Vimianzo.

         Segudo transmitiu a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, o ente SEA continuou coas súas xestións e trámites, pese á situación rexistrada nos últimos meses, e tramitou a venda de dúas importantes parcelas nos polígonos de Rianxo e de Rábade.

         No Consello de Administración celebrado por vía telemática, autorizouse unha nova operación no parque empresarial de Rianxo, un dos que conta con maiores dimensións entre os que xestiona SEA (317.728 metros cadrados). Deste xeito, unha nova empresa instalarase nunha superficie de 1.152 metros cadrados, vendida por 80.640 euros.

Parque empresarial de Rianxo. cedida

        

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

“Nélida Piñón, eterna”. Alberto Barciela

Nélida Piñón fue, debería decir es, un ser de realidades inusitadas, desacostumbradas al menos. Pervive en su obra inmensa, en sus obras, en sus archivos, y sobre todo en el cariño de sus amigos, en el recuerdo de sus admiradores, en la evocación permanente de los...