En Pobra éxito absoluto na primeira cita das Paisaxes Sonoras

10 Agosto 2020
  • Cunha espectacular posta de sol de fondo, o concerto tivo lugar en Punta de Cabío (A Pobra do Caramiñal).
  • O público, totalmente concienciado da importancia do protocolo sanitario a seguir, salientou a beleza da localización.
  • Organizado pola Mancomunidade Barbanza-Arousa coa colaboración e apoio da Concellería de Cultura do Concello da Pobra do Caramiñal.

Durante algo máis dunha hora, Juan Zelada, Julián Maeso e Alberto Anaut ofreceron unha selección dos seus mellores temas cunha escolma de estándares do soul americano de todos os tempos. O resultado foi unha exhibición de talento, onde os músicos amosaron a súa condición de virtuosos nos seus respectivos instrumentos. Coa posta de sol como escenario, a banda soubo introducir ao público asistente nunha viaxe sonora que namorou e convenceu aos presentes.

Paisaxes Sonoras é un proxecto de traballo conxunto do que forman parte activa a Mancomunidade Barbanza-Arousa e as catro concellerías de Cultura dos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira. Trátase dunha acción de ámbito turístico-cultural totalmente adaptada á situación actual provocada pola Covid-19, con un ambicioso Plan de Seguridade e Continxencia

O público

O concerto presentou un cheo total co engadido dalgúns paseantes que permaneceron na pasarela baixo a atenta mirada do servicio de Protección Civil de A Pobra do Caramiñal, que foi a encargada de garantir a seguridade fóra do recinto habilitado para o concerto.

Cabe destacar a colaboración do público asistente co cumprimento do protocolo de seguridade sanitaria establecido, normalizando así, un sistema que garante a protección de asistentes e traballadores e que se erixe como a única solución para a celebración de eventos culturais.

Próxima cita: Carlos Blanco no Pazo de Rianxiño

Carlos Blanco actuará baixo a sombra do  ‘Hórreo de Rianxo’. De pedra na súa totalidade, é o segundo en importancia no municipio e ten como particularidade a súa cuberta de granito a dúas augas. Cos seus casi 25 metros de longo, tardou casi 10 anos en ser construido. Preside maxistralmente a Ruta do Mar de Arousa e Ulla.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.