En Boiro o Centro de Información á Muller, promove un programa para vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables

12 Agosto 2020

A Concellería de Igualdade do Concello de Boiro, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM) leva a cabo un programa dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade denominado “Programa Integral para Vítimas de Violencia de Xénero e Mulleres Vulnerables”. A actividade, que se vai desenvolver entre os meses de agosto e setembro, está destinada a persoas usuarias do CIM.
O programa integral para mulleres vulnerables nace para fomentar o
empoderamento feminino, traballar na loita contra a violencia de xénero,
ofrecer unha formación para que as mulleres poidan acceder aos contidos
segundo os recursos técnicos que teñan á súa disposición e impulsar a
creación dunha rede de mulleres que van participar nas formacións dirixidas á mellora da autoestima e empoderamento feminino.
A actividade formativa, de 158 horas de duración, consistirá en sesións
individualizadas de preavaliación psicolóxica, sesións de traballo en grupo,
sesións individualizadas de avaliación e orientación laboral dirixidas ao
empoderamento feminino e postavaliación individualizada de atención
psicolóxica.
O programa, que desenvolve o Concello de Boiro a través do seu Centro de Información á Muller, está subvencionado pola Secretaría Xeral de
Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.