Pouco despois de media tarde a tarde deuse por estabilizado o incendio que comezou ás cinco na zona de Cadarnoxo, en Boiro. Segundo os datos facilitados por Medio Rural o lume afectou a menos dunha hectárea de superficie. As características do terreo complicaron o labor dos servizos de extinción. Ata o lugar desprazáronse un axente forestal, oito brigadas, cinco motobombas, tres helicópteros e dúas avionetas.
