Dodro presentou a primeira fase de sinalización de recursos turísticos

13 Agosto 2020
Acto de presentación

O Concello de Dodro mediante a Concellería de Cultura e Patrimonio presentou hoxe a primeira fase de sinalización de recursos turísticos, de patrimonio relixioso e de rutas literarias e arqueolóxicas. Son once puntos de información que se distribúen entre as tres igrexas, Santa María de Dodro, San Xoán de Laíño e San Xián de Laíño, tres capelas, San Amaro de Bexo, San Xosé de Imo e a capela da Virxe do Leite, a Cruz do Abelán, e tres rutas literarias e arqueolóxicas, “Os días olvidados”, “Pensa Nao” e “Ruta de Bustelo e Pozo Bastón” que inclúe información tamén do Cruceiro de Bustelo.

Por primeira vez o patrimonio cultural de Dodro vai estar sinalizado con paneis de aceiro cortén que inclúen unha información básica sobre o recurso e un código QR que enlaza coa páxina web https://www.obaixoulla.gal/ onde se pode ver a información con moito mais detalle. Agradecemos a presenza de Lucía Santiago Sanmiguel en representación deste catálogo dixital aberto.

.A Concellería de Cultura e Patrimonio de Dodro que dirixe Xoán Xosé Vicente Franco, quere por en valor o patrimonio de Dodro para conseguir que a veciñanza e a xente que nos visite coñeza os valores cos que contamos e así tamén poder conservar e protexer estes recursos, porque o que nos se coñece non se valora nin se coida. Nas seguintes fases procederase á sinalización do resto dos cruceiros mais antigos e con mais tradición oral, así coma fontes, lavadoiros, hórreos e recursos arqueolóxicos.

Modelo de Placa de sinalización de recursos turísticos Dodro

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.