Detido de novo o veciño de Boiro que facía pasar aguardente por xel hidroalcohólico

16 Agosto 2020

O detido, investigado e actualmente en liberdade con medidas cautelares despois da súa detención a principios de mes, rompeu o precinto de seguridade do local no que producía o produto.
O produto, que xa no seu día chegou a practicamente todos os puntos de España, mesmo a hospitais, procede dun laboratorio improvisado nunha granxa de pitos e carecía de todo poder desinfectante.

Lembrar que tal como informamos en O Barbanza a finais de xullo a garda civil desmatelou no rural de Boiro un laboratorio de xel hidroalcólico. Foron as queixas de pacientes, que alertaban do  forte cheiro a caña do suposto hidroxel o que destapou a fraude. O equipo investigador apunta que o produto tiña unicamente un 25% de alcol, en lugar de 70% que debería conter como mínimo. A operación, denominada “quimixel” realizouse nunha granxa avícola de polos onde se atoparon outros 4oo litros listos para a súa distribución en toda España. A benemérita retirada xa 6.400 litros distriuidos en hospitais e centros médicos da península.

A venda iniciouse en pleno mes de abril-maio no momento crítico da pandemia da Coronavirus e foi distribuido en centros de saúde e centros comerciais de toda a península. 

Debido á “necesidade urxente de produto“ derivada da pandemia, sinala a Garda Civil, os detidos, que “se ofertaban como químicos con ampla experiencia”, puideron “colocalo facilmente, evitando calquera requirimento documental e de calidade”.

fonte garda civil

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.