“Comisións bancarias”. Por José Manuel Pena

25 Agosto 2020

É xa unha práctica demasiado habitual que moitas entidades financeiras actúen en contra dos usos e boas prácticas bancarias ao cobrar polos gastos de correos e outro tipo de comisións como de apertura, xestión ou mantemento de contas, sen informar previamente os usuarios e clientes, como é preceptivo de acordo coas esixencias da transparencia informativa, evitando así as comisións abusivas.

O Banco de España esixe que sendo a concesión de préstamos hipotecarios e demais transaccións financeiras unhas operacións habituais das entidades de crédito, e sendo obrigación dos profesionais desas actividades, os que deben ofrecer unha información considerablemente axustada á efectividade dos custos e gastos inherentes a estas operacións, #a fin de que os clientes, e previamente á contratación, coñezan con razoable aproximación a totalidade de cargas que deben asumir e en que prazos temporais.

O coñecemento expreso, por parte do usuario e cliente das condicións bancarias, é necesario para que poidan decidir, libremente, se acepta ou non, devanditos custos, posibilitándolle, caso de non resultar do seu interese, a resolución do contrato e consiguientemente evitando os prexuízos económicos. Desgraciadamente, cada vez, hai máis prácticas financeiras abusivas e irregulares e así o fai constar nos seus respectivos informes anuais o propio Banco de España.

Edificio do Banco de España. Madrid

Outros artigos

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

+

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

“Servizos públicos de calidade” – José Manuel Pena

Unha gran parte de cidadáns, responsables e comprometidos, déronse conta de que se está privatizando a sanidade, a educación ou a dependencia, piares fundamentais de calquera país moderno e democrático. A usura e a corrupción de moitos gobernantes poñen de manifesto...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.