Boiro remata agosto con teatro, danza e música tradicional

26 Agosto 2020

A semana cultural de Boiro ofrece esta última finde de agosto unha completa axenda de teatro, danza e música tradicional. O venres 28 de agosto é a quenda das familias da man da compañía Tropa de Trapo, que achegará, no Lavadoiro de Bao, contos de nenas e grandes e pequenas para todos os públicos. Será ás 12.00 horas. No caso de chuvia, o espectáculo trasladarase ao local multiusos do Mercado Municipal. Segundo informa o Concello, o aforo é limitado e será necesario facer a inscrición previa no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ata o xoves ás 13.30 horas ou no mesmo momento do espectáculo por rigorosa orde de chegada.

O mesmo día, o 28 de agosto, celebrarase ás 20.30 horas un espectáculo de ballet a cargo da Escola Cen Pliés da Asociación Amas de Casa de Boiro, na terraza da Casa Consistorial. As persoas interesadas terán que inscribirse previamente no enderezo electrónico asoamascasa@gmail.com.

A historia do primeiro matrimonio entre mulleres celebrado na nosa terra é o fío argumental de Elisa e Marcela, o espectáculo que ofrece A Panadaría o 28 de agosto na Casa da Cultura de Boiro, a partir das 21.30 horas. Será unha representación teatral para maiores de 12 anos. Novamente o aforamento será controlado e restrinxido. As entradas poden reservarse no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ata o venres ás 13.30 horas ou no mesmo momento do espectáculo por rigorosa orde de chegada.

O domingo 30 será a quen da música tradicional coa nova edición do Serán con Xilbarbeira, a partir das 20.30 na aldea de Bealo. Será preciso, para acudir, facer a inscrición no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ata o venres ás 13.30 horas ou no mesmo momento do espectáculo por rigorosa orde de chegada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.