Boiro recupera a subministración de auga

05 Agosto 2020

Unha avaria na tubaxe de transporte da auga deixou a boa parte do concello boirense sen subministración de auga potable desde o serán de onte. O incidente rexistrouse no punto de captación do río Coroño en Xermea. Aínda que o municipio abastécese da auga do río Ulla, tamén se serve deste leito fluvial para abastecer á poboación.

A brigada municipal de obras do Concello de Boiro comezou a traballar a medianoite pasada para emendar a rotura dunha tubaxe da rede xeral de auga que deixou sen subministración a boa parte dos habitantes do municipio. Os residentes en Cimadevila e Escarabote foron os primeiros en verse afectados, pero que se trata dun incidente que ten repercusión na totalidade do termo.

A reparación da tubaxe quedou lista ao mediodía e , desde entón, tanto por medio das captacións propias como da procedente da auga do Ulla está a fornecerse ao depósito que abastece á poboación de Boiro. A media tarde o servizo quedou normalizado.

Arranxo da subministración de auga en Boiro. Dedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.