Boiro non designará Piñeirón como areal para mascotas sen valorar as alegacións da veciñanza

10 Agosto 2020

O Concello de Boiro non vai facer unha aprobación definitiva da designación do areal de Piñeirón como praia para mascotas mentres non se
coñezan e estuden todas as alegacións da veciñanza. No pleno da corporación celebrado o pasado 23 de xullo aprobouse unha modificación inicial do Regulamento municipal de animais domésticos e salvaxes en catividade, que non se fará efectiva mentres non se valoren todas as reclamacións presentadas.
O Concello de Boiro é coñecedor do malestar da veciñanza e persoas
usuarias da praia de Piñeirón polo proxecto de converter este areal nun espazo permitido para o acceso e estancia de mascotas durante a época estival. Tras a demanda da veciñanza de destinar unha praia para mascotas no municipio, o pleno municipal debateu e aprobou unha modificación inicial do Regulamento de animais domésticos e salvaxes en catividade.
Despois da súa aprobación inicial no pleno da corporación, esta modificación do regulamento atópase agora nun proceso de exposición pública para a presentación de reclamacións e/ou alegacións por parte da veciñanza.
O Concello de Boiro non vai someter esta modificación do regulamento para a súa aprobación definitiva mentres non se coñezan e estuden todas as
demandas e propostas da cidadanía.
O borrador do texto pode consultarse na páxina web municipal e as reclamacións e/ou alegacións poden presentarse no Concello de Boiro a través do Rexistro Xeral ou da sede electrónica ata o vindeiro 15 de setembro.
Na actualidade, tal e como recolle o Regulamento de animais domésticos e salvaxes en catividade, non está permitida a circulación e estadía de mascotas en ningún dos areais do municipio durante a época estival, comprendida entre o 1 de xullo e 30 de setembro de cada ano.

Areal Piñeirón Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.