Boiro instaura a Cita Previa para os servizos administrativos municipais

07 Agosto 2020

O Concello de Boiro esta a buscar ferramentas para garantir a seguridade da veciñanza e tamén dos traballadores e traballadoras da administración local. Na Casa Consistorial acaba de instalarse e poñerse en funcionamento un sistema de Cita Previa e quenda, co obxectivo de eliminar as colas e as esperas e establecer un control efectivo no aforo.

Cita previa en Boiro


Na administración local vén de implantarse un sistema que se leva a cabo de xeito efectivo en outros Concellos da contorna para a xestión de citas.
“Calquera cidadán pode solicitar cita para unha data ou hora concreta de xeito telemática ou telefónico e non ter que pasar a maña agardando, funciona igual que no SERGAS”, afirma o alcalde. As persoas usuarias poden solicitar a súa cita previa para os departamentos de Servicios Sociais, Consumo e Urbanismo.
O Concello de Boiro avanza así en tecnoloxía e eficacia, para mellorar o
servizo ás persoas usuarias. Un servizo que se instaurou noutras administracións públicas como a Deputación da Coruña e noutros Concellos
galegos como A Coruña ou Arteixo.
O sistema funciona tamén para establecer quendas momentáneas: “aquela persoa que teña que rexistrar un documento soamente ten que chegar e sacar un ticket nun quiosco automatizado e agardar a súa quenda”. O servizo de quenda esta dispoñible para o Rexistro Xeral, Rexistro da Xunta, Padrón de Habitantes e Administración de Urbanismo.
Desde que se levantou o Estado de Alarma e se foi restablecendo a atención presencial no Concello de Boiro, veuse incrementada a afluencia de xente para realizar diversos tramites na Casa Consistorial, por iso se comezou a establecer este sistema de quendas e cita previa, sobre todo naqueles departamentos nos que se detectaba maior afluencia de xente e mais tempo de espera. “Imos probar como funciona nestes departamentos e, pouco a pouco, poder aumentar o servizo”.

As persoas que desexen solicitar cita previa en algúns dos
departamentos poden facelo mediante webapp para móbiles, chamando ao 881 505 106 ou mediante a páxina web na seguinte ligazón
https://citaprevia.boiro.gal/citaprevia/?idCliente=13

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.