Amicos bótase este xoves á praia do Vilar para lanzar unha mensaxe a prol do mar

26 Agosto 2020

Solpor na praia do Vilar, en Ribeira, nunha imaxe de Trabancos subida ao Flickr

A comunidade de Amicos vaise xuntar este xoves 27 de agosto no Parque Natural de Corrubedo para facer un chamamento polo coidado do noso medio natural, poñendo o foco nos espazos marítimos e na necesidade de pór freo á contaminación, a degradación urbanística e o cambio climático. A cita será no Centro de Interpretación do complexo medioambiental de Ribeira, a partir das 11.00 horas. Levarase a cabo baixo o lema Un día polos nosos mares, ao abeiro do proxecto Libera de loita contra a chamada basuraleza. Consistirá nunha actividade medioambiental de recollida, clasificación e caracterización de residuos no Parque Natural de Corrubedo, na praia do Vilar.

Contarase coa presenza de María Sampedro, tenente alcalde do Concello de Ribeira, Xoan España, director xeral da Asociación Amicos, persoal do Parque Natural de Corrubedo, voluntarios de Amicos e voluntarios do campamento urbano Ociobros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.