Aguiño acolle o sábado máxia, música e baile co espectáculo “Camiño das Estrelas”

21 Agosto 2020

O porto de Aguiño vai ser escenario na noite do sábado 22 de agosto dun espectáculo denominado “Camiño das Estrelas” que, co patrocinio do Xacobeo, traerá música, maxia e baile á localidade ribeirense.
Así, baixo a presentación de César Romero desenvolveranse as actuacións de As Voces do Camiño (con Ana Paz, Naiara Moore e Tamara Fernández, cantantes da orquestra Cinema), do mago David Maestro, do grupo de baile Grow As Ohana e do artista local Álex Millet, amén doutras sorpresas que se irán desgranando no transcurso do evento.
Todo, no escenario de Radikal, a discoteca móbil máis grande de Galicia.
A actividade arrancará ás 22.15 horas. O aforo é limitado e o uso da mascarilla, obrigatorio.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.