Aberto o prazo para que os concellos poidan adherirse ao programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña

19 Agosto 2020

A Deputación da Coruña abreu este mércores o prazo para solicitar as axudas do seu plan de reactivación, segundo informa tras a publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da aprobación da convocatoria da nova liña do Plan de Emprego Local ( PEL), PEL-Reactiva, para a reactivación económica e social.

Presentación do programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña

O plan, cun prazo de axudas que terminará o 9 de outubro, pretende impulsar a actividade económica e o emprego nos municipios de menos de 50.000 habitantes para paliar a crise xerada pola Covid-19 nas microempresas e persoas autónomas.

A liña contará cun orzamento de 10 millóns de euros “e supoñerá duplicar o investimento que a Deputación realizará en materia de emprego este ano”, sinala o presidente do ente provincial, Valentín González Formoso. Os fondos poden ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da COVID-19; compra e instalación de biombos, adquisición de produtos de limpeza e protección, así como a gastos correntes.

O reparto de fondos será completamente obxectivo, baseándose no número de autónomos e microempresas de cada municipio. Para beneficiarse das axudas os concellos deberán adherirse ao Fondo e solicitar a contía que lle corresponda en función deste número. As subvencións a conceder aos Concellos oscilarán entre un mínimo de 11.271,99 euros e un máximo de 550.578,18 euros.

Unha vez concedidas, serán os propios concellos os que anunciarán as convocatorias para que microempresas e persoas autónomas poidan beneficiarse destas contías. A achega provincial constitúe o 80 % da axuda total a distribuír, poñendo os concellos o 20% restante con fondos propios. Sumando o investimento municipal, o orzamento total pode incrementarse ata os 12 millóns de euros.

As solicitudes e resto da tramitación da convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación da Coruña.

As bases completas do programa poden consultarse no BOP do 18 de agosto

Outros artigos

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda. Video

Mensaxe de Fin de Ano do Presidente de Galicia, Alfonso Rueda, desde o Museo de Pontevedra O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a gravación da mesnaxe de Fin de Ano de 2025. Museo Provincial (Pontevedra), 27/12/25. Mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta...

+

Amicos despide 2025 coas pre-badaladas no Centro Integral de Boiro

A Asociación Amicos celebrou este mércores 31 de decembro as tradicionais prebadaladas de fin de ano no Centro Integral Amicos de Boiro, nunha xornada festiva na que participaron máis de 40 persoas beneficiarias da entidade. O encontro contou coa presenza da directora...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.