A policia local de Ribeira atopa a imaxe da Virxe do Cruceiro Novo da Pobra. Satisfacción no concello pobrense

08 Agosto 2020

A policia local de Ribeira atopou está pasada madrugada a imaxe da Virxe do Cruceiro de capeliña de Cruceiro Novo da Pobra, desaparecida a finais de abril, roubo do que informamos no seu día en O Barbanza. A talla foi localizada na estrada que vai de Moldes a Palmeira e actualmente atópase nas dependencias da policia ribeirense. O cruceiro de capeliña de Cruceiro Novo está datado na Idade Moderna, séculos XVI- XVIII. A cruz da nome ao lugar da parroquia de San Isidro de Posmarcos.

O alcalde de A Pobra amosou a través das redes sociais a súa ledicia pola recuperación da imaxe e agradeceu á policía local ribeirense e o seu alcalde o labor na recuperación da mesma.

XOSE LUIS PIÑEIRO, ALCALDE DE A POBRA

Hoxe acabo de recibir unha magnífica nova, a figura da Virxe do Cruceiro Novo desaparecida fai uns meses atopouse onte abandonada na estrada de Palmeira a Moldes. Sen pararme moito a pensar que foi o que pasou con ela todo este tempo, a ledicia de que poidamos recuperar un elemento tan importante do noso patrimonio cultural é o sentimento que se impón sobre calquera outro.

Grazas á Policía Local de Ribeira por recollela e grazas a Kelita Montes Moledo por dar aviso e publicalo no facebook.

Aquí tendes unha foto que me acaba de mandar o xefe da Policía Municipal de Ribeira e outra da Virxe no seu lugar, dentro da capeliña do cruceiro. E moitas grazas tamén ao alcalde de Ribeira por atenderme.

Imaxe recuperada. Cedida

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.