A Pobra reforza a brigada de defensa e protección contra os incendios forestais con diverso material

17 Agosto 2020

Desde a Concellería de Seguridade do Concello da Pobra do Caramiñal procedeuse á adquisición de diverso material destinado a reforzar a protección individual dos membros da brigada de loita e prevención dos incendios forestais, así como de ferramentas que faciliten o desenvolvemento das súas tarefas. A inversión nestes equipamentos ascende aos 11.000 euros, comprendendo buzos ignífugos, botas para
extinción, cascos, gafas, protectores para o pescozo, máscaras, filtros, luvas, camisetas ignífugas, cintos forestais, lanternas, cantimploras, fundas ignífugas para máscaras e filtros, mochila extintor, batelumes, pulaski, desbrozadora, obxectos para corte e traballo no solo, ademais de equipos de protección individual para a utilización da desbrozadora.

O reparto da dotación para a brigada de defensa e protección contra os incendios forestais xa se efectuou nos pasados días desde as dependencias municipais, pois o domingo xa comezaron co seu labor.

Cómpre sinalar que a xestión do persoal e a adquisición dos equipos é pública, levándose todo a cabo desde a Administración local. Así mesmo, apuntar que a contratación e dotación dos equipos están subvencionados pola Consellería de Medio Rural ao abeiro dun convenio asinado co Concello.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.