A Pobra, punto de partida para coñecer as illas en Catamarán

03 Agosto 2020

O Concello de Pobra impulsa este verán un amplo programa de excursións marítimas pola ría de Arousa. Se os días pasados dimos conta da posibilidade de coñecermos dende un veleiro as xoias naturais e paisaxísticas do noso mar, a semana pasada a Concellería de Turismo deu a coñecer un servizo para viaxar ás illas galegas en catamarán durante o mes de agosto, coa Pobra como punto de partida. Achéganse varias alternativas, da man da Navieira Nabia. A primeira desenvolveuse esta fin de semana e consistiu nunha excursión ás illas Cíes.

A segunda convocatoria será o domingo 9 e consistirá nunha Ruta Xacobea polo Mar de Arousa e o Río Ulla. O prezo (adultos 21 euros e nenos de até doce anos, 10 euros) inclúe a viaxe en si mesma, o traxecto guiado e máis un ágape.

A terceira cita será o sábado 22 e consistirá nunha singradura a Sálvora: a Ruta Starlight. O prezo será de 24 euros para adultos e de 16 para nenas e nenos de menos de 12 anos. As reservas pódense facer a través do teléfono 986 320 048 ou ben na web www.piratasdenabia.com. O Concello lembra que as prazas son limitadas, por mor das disposicións de seguridade sanitaria habilitadas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.