A Pobra convértese esta fin de semana en epicentro do remo. Canceladas as bandeiras de Esteiro e Muros debido os casos positivos

20 Agosto 2020

Esta fin de semana terá lugar nas inmediacións do peirao comercial a XV Bandeira Concello da Pobra -a cal consta de dúas regatas puntuables para a Liga Galega de Traiñeiras B-, así como a Regata da Liga Feminina. Estes eventos deportivos foron presentados esta mañá por parte do alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo; a técnica desta mesma área, Ana Romero; o presidente do Club de Remo Puebla, Antonio do Carmo; e o remeiro e directivo do club, Adrián González.

A bandeira disputarase nas xornadas do sábado 22, cando comezará a primeira quenda ás 18.00 horas, e domingo 23, coa primeira quenda programada para as 12.00 horas. A suma dos tempos de ámbolos días determinará a clasificación final tanto para quen gañe a bandeira coma para a repartición dos premios. A primeira xornada transcorrerá en formato de regata en liña de dúas quendas, a seis longos e tres rúas. A segunda xornada será en formato de tres quendas lanzadas cunha diferenza de dous minutos entre si, nun formato de seis longos e dúas rúas. Este último formato tómase en consideración para que a baixamar esperada a esa hora non prexudique ningún equipo.

O premio consiste no repartimento de 6000 euros en función do estipulado pola normativa da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) segundo a clasificación final resultante do cómputo total das dúas xornadas, e a bandeira ao equipo gañador.
O Club de Remo Puebla, tal e como manifestou a súa representación, agarda
acadar un bo posto tras un ano de transición durante o cal traballaron duro,
inclusive no confinamento desde as súas casas. De feito, neste verán gañaron en tódalas regatas en que participaron, exceptuando unha. Agora teñen as esperanzas postas en que a bandeira quede na Pobra.
No que respecta á Regata da Liga Feminina, o formato será de tres quendas
lanzadas cunha diferenza de dous minutos entre si, nun formato de seis longos e dúas rúas. A primeira quenda ten prevista a saída para as 11.30 horas. Realizarase desta maneira pola baixamar.

Esta fin de semana a liga Galega de Traiñeiras, tiña previsto recalar na comarca de Barbanza coa disputa das bandeiras de Esteiro e Muros, pertencentes ao calendario da LXT-A. Con todo as probas xa non se poderán disputar como medida de prevención ante o coronavirus. O Concello de Muros decidiu suspender todas as actividades deportivas, culturais e sociais desde onte e ata o día 30 deste mes. O motivo débese ao brote de quince casos positivos de covid19 no municipio.

Outros artigos

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.