A nova edición de Youtubeir@s incrementará a contía dos premios en 1.000 euros

28 Agosto 2020

O Concello de Rianxo vai ter parte activa, unha vez máis, no proxecto Youtubeir@s, que vén de abrir o prazo de presentación de audiovisuais. O obxectivo desta nova edición do certame é, novamente, fomentar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e de dar visibilidade á produción en galego na rede e á comunidade youtubeira. Repartiranse un total de 7.500 euros en premios, cun incremento de 1.000 euros con respecto á pasada edición.

O prazo para participar neste certame está aberto ata o 23 de outubro. Repartiranse un total de 7.500 euros en premios, cun incremento de 1.000 euros con respecto á pasada edición.

Esta cuarta convocatoria do proxecto Youtubeir@s organízana os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Moaña, O Grove, Ourense, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Santiago e Teo; ademais das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña. Con ela, preténdese seguir consolidando a comunidade creadora galega na rede mediante o fomento da creatividade con temas propios e ir xerando referentes en galego na plataforma Youtube.

Cómpre recalcar que na pasada edición houbo 252 inscricións de vídeos e canles, o que se traduciu en máis de 1.000 minutos creados en galego e incorporados á plataforma mundial de Youtube.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.