A Marea de Noia quere garantir a participación cidadá no Museo do Mar

19 Agosto 2020

A Marea Cidadá de Noia anunciou a súa intención de traballar para que a xestión do Museo do Mar veña “dunha combinación de participación cidadá e apoio de persoal técnico e profesional”, uns modelos de gobernabilidade horizontal que, segundo apunta a agrupación, teñen demostrado dende hai décadas a súa efectividade en contextos e circunstancias moi diversas.

“O potencial que gardan as iniciativas cidadás e o coñecemento que veciños e veciñas teñen das realidades que lles interesan non poden quedar ó marxe da xestión do público”, explican dende a plataforma, engadindo que este é un dos motivos polos que aposta pola implantación da dita metodoloxía de xestión horizontal no Museo do Mar, “buscando a participación activa de asociacións como Mar de Noia, que teñen mostrado o seu coñecemento e seu enorme capital humano”.

A agrupación entende que a xestión directa por parte da cidadanía, “sempre coa colaboración e o asesoramento do persoal técnico e profesional pertinente”, é “a fórmula máis acaída para a toma de decisións neste tipo de espazos”.

O Museo do Mar de Noia, como informamos os días pasados dende O Barbanza, ten as portas abertas este mes de agosto.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.