O Museo Mar de Noia abre as súas portas en agosto

14 Agosto 2020
Museo do Mar de Noia

O museo Mar de Noia abre as súas portas o venres, 21 de agosto, ás 19:30 horas, cunha exposición que, a través de disciplinas como o debuxo, a escultura, a fotografía ou o vídeo, percorre o traballo realizado nun estaleiro.

Trátase da mostra Pantoque vía 1/ Mar de Noia, unha obra do artista plástico Ramón Trigo e do fotógrafo Eduardo Armada. Este proxecto creativo e de investigación realizouse no interior das instalacións dos Estaleiros Armada de Vigo (Pontevedra). Durante un ano os artistas conviviron cos traballadores para poder plasmar a actividade da súa día a día, pero tamén para reflectir o espazo arquitectónico do estaleiro. Tras unha presentación inicial no propio estaleiro, Pantoque comeza unha nova singradura pola costa atlántica galega. Agora a exposición chega á localidade coruñesa de Noia da man da Rede de Museos Atlánticos, REMA e do propio Concello.

Durante o acto de inauguración, ao que só poderán asistir persoas con invitación, o artista Ramón Trigo realizará en vivo un mural para o Museo Mar de Noia. PASAPORTE REMA Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP), ten como obxectivo desenvolver unha actividade turística creativa e adaptada á nova realidade. Para iso, o proxecto persegue a implementación das TIC como canle para a información, aprendizaxe e formación dos visitantes e para a promoción da oferta cultural dispoñible nos espazos da Rede REMA. Novos contidos culturais No marco do proxecto deseñaranse novos contidos culturais incluídos dentro da Rede REMA e difundiranse a través de seminarios e exposicións itinerantes.

Estes eventos percorrerán os espazos museísticos de todos os GALP galegos. Ademais, os contidos integraranse en canles e actividades dixitais que terán como fío condutor aos membros que conforman a Rede REMA.

Outros artigos

Remata con éxito o Concilia de Nadal do Concello de Noia

Este mércores 7 de xaneiro a concelleira de Educación e Conciliación de Noia, Ana Blanco, realizou unha visita ás actividades encadradas na nova edición do Concilia de Nadal, onde compartiu a mañá cos nenos e nenas do campamento durante a festa de remate do mesmo, na...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.